OS PODERES (eu que sei)
O poder, é clave na evolución en xeral e na do home en particular, ao principio, o poder fundamentouse na forza, mesmo na forza bruta, exercido sen miramientos para ter á tribo submisa, logo apareceu a astucia como contra poder que, a falta de forza, baseouse en aproveitar os medos, ao descoñecido, ao misterioso. Xa temos a base da Política e da Relixión, ao xefe da tribo cos seus soldados e ao bruxo cos seus deuses e demos, sérvense, témense, apóianse, traizóanse, se alían….
Despois de moitos avatares ambos poderes mantéñense no tempo pero, namentres, naceron outros:
A Lei, que se divide en dúas partes, a Lexislativa e a Xudicial. Máis tarde, a Democracia, os Medios de Comunicación e, en progresión continua, o Capital, o diñeiro, o poder económico que é, na actualidade, o gran poder que compra as vontades de todos os demais, o poder económico ten conseguido que a política, a través do Executivo, teña absorbidos e subxugados ao Lexislativo, ao Xudicial, aos Medios de Comunicación e dominada a Democracia que raramente exerce e déixase levar pola política e a relixión que, desgraciadamente, están ao servizo do Capital.
O pobo só ten unha opción que pasa pola súa UNIÓN, para iso necesita atoparse na moderación, e por loitar e conseguir a separación e o control de todos os poderes, especialmente, o político e o económico, para logralo, é necesario reducilos, encollelos, dividilos, ou sexa, o pobo unido e os poderes ben separados, debemos ter en conta que, entre outras cousas:
- O Executivo ha de ser SÓ Executivo.
- Hai que atar, en curto, ao poder económico, que paguen os seus impostos, fóra privilexios.
- As grandes empresas multinacionais teñen un poder esmagador que debemos limitar.
- Hai que apoiar ás pequenas empresas, que garanten a libre competencia, evitan os monopolios, dificultan a oligarquía, favorecen a diversidade, calidade e prezo dos produtos etc.
- O pobo que non é temido é domeado.
- A impunidade é a nai de todos os vicios.
- A lei debe protexer o que é útil á sociedade e os dereitos individuais e castigar o que prexudica ao pobo e ao paisano.
- Hai que buscar Liberdade para ser iguais e Igualdade para ser libres.
- A Relixión pertence, exclusivamente, ao ámbito privado.
- A opinión pública debe controlar aos gobernantes, non permitir que estes cren a opinión