LEGALIDADE

Está claro que a legalidade é o permitido pola lei, por tanto, hai que respectala. Quero, con todo, manifestar algunha opinión respecto diso para que, a lei, sexa respectable.

Non pode ser que aparezan unhas táboas da  lei, ao modo de Moisés, ou unha Constitución á española, que recolla, ben ou mal, unhas normas e regras sen contar cos cidadáns para a súa aprobación definitiva antes de publicarse onde corresponda e de que entre en vigor.

A lei debería basearse, en primeiro lugar, no respecto aos Dereitos Humanos, o respecto á liberdade individual e colectiva, o respecto á igualdade dos individuos ante as mesmas situacións, a ética debe ser pedra angular da lei. Unha vez garantidos ao máximo os dereitos do individuo, empezaremos cos deberes para garantir os dereitos sociais, colectivos, aí teranse en conta as tradicións, os costumes, a cultura, a historia etc.

Os valores non se poden esixir, ou sexa, non se pode obrigar a ninguén a que sexa solidario, ético, caritativo, por iso, a lei debería potencialos e tratar no posible de aplicalos, exemplo: Se un maxistrado ten algunha relación cun procesado, directa ou indirectamente, a lei debe impedir a súa participación nun xuízo para garantir a imparcialidade e non depender da suposta ética do maxistrado.

Pretendo dicir que, os principios e valores, que son «desexables» nos individuos, deben ser principios e valores de «obrigado cumprimento» por parte da lei, polos grupos sociais, partidos, organismos, institucións etc. Ou sexa, débese ser máis permisivo co comportamento individual, pero controlar máis o comportamento de grupos ou seitas.
O que non é ética ou moralmente aceptable, non debería poder ser legal e, ás veces, o é, polo menos en España.

Algúns queremos ser absolutamente libres, pero vivimos nunha sociedade e son imprescindibles algunhas regras, para que a sociedade poida ser máis libre, tamén.

Son partidario da máxima liberdade, cunhas mínimas regras que garantan esa liberdade, ao individuo e ao colectivo.
Quero ir de viaxe onde me de a gana, pero, é lóxico e comprensible que sexan necesarias regras de tráfico, documentación, etc.