INDEPENDENCIA (¡puf!)

Neste momento, está de rabiosa actualidade a reclamación, por parte dalgunha autonomía, do dereito a decidir, de autodeterminación; ata certo punto, estou de acordo, a cuestión está no que, decidir que, autodeterminación para que.

Amigos, non é para alcanzar algún nivel de competencia, ou para conseguir algún proxecto, máis ou menos vital, NON!, esixe o dereito para decidir a INDEPENDENCIA.

Temos un gran problema, a independencia non existe, só hai graos de dependencia, de bastante a moita, nin os grandes países, como Alemaña, son independentes, só achéganse os moi poderosos, como EE.UU. ou China, que case poden facer o que lles dá a gana, pola lei da forza.

Está claro que unha Comunidade Autónoma de España, non pode ser independente, o meu entender, debería loitar por competencias que lles sexan importantes, en base á súa realidade, por exemplo, Galicia debe tentar conseguir toda a competencia sobre a súa pesca, entre outras.

Todas as nosas comunidades teñen percorrido para alcanzar un maior nivel das súas competencias.

Hai reformas imprescindibles na Constitución, por aí han de ir as reclamacións e os acordos.

Como xa dixen noutro lugar, é irrenunciable o dereito a OPINAR de todos e cada un, tamén o dereito a decidir sobre amplos temas, pero, declárome contrario ao suposto dereito a decidir sobre a independencia de ningunha Comunidade Autónoma, só a guerra pode outorgar a independencia, si se gaña, claro.