COLÓN GALEGO (Poema)

Hai un home que é obrigado
a ocultar de onde e quen é,
cando sexa preguntado
dirá que é Xenovés,
iso demostra, que non o é.
Escribe un castelán
que parece portugués,
é de Galicia,
é pontevedrés.
almirante da mariña,
cabaleiro que navega,
debe ser Pedro Madruga,
é Colón recuperando,
da avoa, o seu apelido,
que é de Poio, Pontevedra,
Vai buscando unha viaxe…
unha ruta cara á india,
e atopa nova paraxe,
territorio para Hispania,
descuberto, é bautizado,
os nomes que vai poñendo
están na súa bisbarra,
hai máis de douscentos
entre as belas Rías Baixas.
Hai unha documentación
que dixeron que era falsa,
foi agora examinada,
é correcta, foi probado
nela constatado queda
o que veño comentando.
Hai escritos de Colón,
hai escritos de Madruga,
mira que casualidade
que son a mesma escritura,
a confirmación é de:
peritos sabios expertos,
sobre oitenta, unha fartura,
aínda así, nada se move,
a dubida continúa,
a noticia é relevante.
A verdade ten factura?
que pasa? que se encobre?
Porqué non sae nos medios?
Isto é unha loucura.
Quero se saiban os datos
da orixe de Colón,
pásao aos teus contactos
pídocho por favor.