COLÓN GALEGO (dunha beira do Lérez)
Xa sei que o de Colón é a historia de nunca acabar, pero, hai que tentar acabala, non vou ser eu, claro, eu só quero falar do tema e que outros máis serios, máis traballadores e, sobre todo, máis novos, profunden… De todos os lugares, nos que se dixo que naceu, só queda o de Pontevedra sen posibilidade de descartar, os demais están totalmente descartados, empezando polo máis coñecido, o xenovés, é totalmente imposible que o Colombo xenovés, de existir, fose o Colón descubridor de América, por idade, por oficio, por idioma, imos que o de xenovés só foi a escusa para ocultar a súa orixe, por motivos descoñecidos, que era de familia humilde, cousa rara porque tiña amizades do máis relevante nivel, que se tiña asuntos pendentes por isto ou por aquilo…
A causa máis razoable achégaa o Colón galego-Pedro Madruga, loitar contra os Reis Católicos en favor de Juana a Beltraneja.
Os outros lugares nin os vou a mencionar, simplemente non dan a talla, son especulacións.
Imos dar unha lista de razóns, polas que, pódese asegurar que Colón era galego, non cabe outra.
1) Lugar de nacemento.
Pontevedra (1932), concretamente nunha beira do río Lérez, sexa Poio ou Pontevedra capital, é o único lugar do mundo onde existía o apelido Colón, así, tal cal. Hai unha inscrición na igrexa (agora Basílica) de Santa María a Maior-Pontevedra (século XVI ) na que aparece o apelido «Col ón», cun espazo, como se lle borrasen unha letra, existe a lenda do ovo de Colón, parece que o apelido antigamente fose Collón que, en galego, significa ovo ou collón, é unha boa razón para eliminar a L. O importante é que só aquí, que se saiba, existe documentación fidedigna, achada no Mosteiro de San Juan de Poio (parroquia de San Juan). Este mosteiro xa existía no século VII, foi reconstruído e desprazado uns metros, no século X, tamén estivo incorporado á congregación de San Benito de Valladolid, quéroo dicir porque Valladolid aparece moi ligada a Pedro Madruga e a Colón (curioso); chegou a ter un colexio maior en teoloxía (S. XVI ). Digo isto para que se saiba que non se trata de calquera capela de aldea. Tamén se atoparon documentos, no concello de Pontevedra e nalgunha confraría de pescadores, onde figuran os Colón como familia de mareantes. Poio ten outra parroquia que dedica a «San Salvador», San Salvador de Poio é a parroquia onde existen indicios, moi razoables, de ser o lugar de nacemento de Pedro Cristóbal Colón, alí está a casa onde se cre que naceu, (parece que fillo de solteira) «casa dá cruz», dedicada a museo (se vas quedas convencido), diante da casa hai un cruceiro coa inscrición Juan Co lón 1490. (repítese o borrado da L)
Tamén se debe ter en conta a tradición oral popular, os veciños de Porto Santo (San Salvador), sempre oíron que Colón nacera «na casa dá crus».
Outro dato moi importante é que o duque de Veragua, Mariano Colón de Toledo, descendente directo de Colón, vendeu en 1796 unha leira chamada «A puntada», en Poio, que herdara, está claro que a orixe é Colón, ningún antecesor seu a comprara, por tanto, a propiedade remóntase aos Colón de Poio… Non vedes a relación?.
2) Apelido
O seu apelido é Colón, non hai ningunha dúbida, nunca foi Colombo, nin Colombus, en Portugal escribíano acabado en m, algo natural en lingua Portuguesa, pero el era español e sempre asinou como Colón.
Hai algunha posibilidade de que anteriormente fose Collón ou Coullón.
Parece ser verdade que está emparentado co corsario francés Casaneuve-Coullón. É lóxico (Coullón-Collón-Colón)
O Papa Alejandro VI chámalle Chistóforo Colón.
O Rey de Portugal e amigo seu, diríxese a el en 1488 como Cristóbal Colón.
O mesmo Colón o di, que busquen entre os seus descendentes aos que leven o apelido Colón, ningún outro…,
3) Detalles curiosos
A nave capitá, a Santa María, antes a galega, foi construída en Pontevedra.
Colón ordena engalanar a nave e concede día festivo o 18-12-1492, día da virxe da O, patroa de Pontevedra.
Colón nomea gobernador de Porto Rico a un fillo e Madruga: Cristóbal de Soutomaior, ao que coñecían como Cristobal Cólon de Soutomaior, nesa illa, tamén é curioso fundáronse tres cidades co seguintes nome: Soutomaior, Távora e San Juan (de Poio?)
O «Xenovés» e o galego teñen os mesmos amigos e os mesmos inimigos…
Elección de Bayona para como porto de chegada a España.
Colón escribe con xiros e palabras galegas, nada de italiano.
Martín Alonso Pinzón di, na primeira viaxe, que o estilo de navegación de Colón é propio dos galegos, recólleo o cronista.
Aos dous primeiros indíxenas, bautizounos como Pedro e Cristobal ?
Hai preto de 200 nomes que Colón pon no seu descubrimento que corresponden coas Rías galegas, sobre todo, da de Pontevedra, son inconfundibles, non hai ningún nome que lembre ao Mediterráneo…
Noutro post tratarei de analizar, compararei datos de Pedro Madruga e Colón.
Para min, non hai dúbida de que Colón é galego, todo cheira a iso.
Hai, fundamentalmente, dúas liñas separadas e, mesmo rivais, case inimigas.
Os defensores de «Colón é Pedro Madruga» que buscan desesperadamente a vinculación de Soutomaior cunha nai de Colón e de Pedro Madruga, algúns queren vela nunha tal Constanza Gonçalves Colón; outros aseguran que a nai de Madruga é Constanza Muñiz, faltan documentos fidedignos.
Os que rexeitan a posibilidade de que Colón e Pedro Madruga sexan o mesmo home, tampouco son concluíntes, os seus postulados, defenden que o seu pai puidese ser un tal Domingo Colón o Mozo, aceptan o parentesco cos Colón de Poio, Juan Colón etc., pero, aseguran que naceu alén do río, á beira de Santa María ou na Moureira, onde vivían os mareantes de orixe hebrea ou xudaica, alí atópase documentación dalgún Colón…, nada definitivo.
Liña «Colón é Madruga».
Loxicamente, hai moitas dúbidas, non apareceu ningún documento, que eu saiba, que aclare os nomes dos seus pais, na teoría de Colón-Madruga, o pai sería Fernán Yañez de Soutomaior, sería un fillo bastardo, pero, seguimos sen saber, con seguridade, quen era a súa nai, que tería que estar emparentada cos Colón.
Philippot, o creador desta teoría, asegura que a súa nai é Constanza Gonzalez de Colón, coa que viviría ata que o seu pai acólleo e ocúpase de darlle a educación que corresponde a un fillo dun nobre. Colón tería outros irmáns, polo menos dous por parte de nai.
Philippot chega á conclusión de que Colón ten que ser Pedro Madruga, baseándose nas palabras do propio Colón, cando di que non é o primeiro almirante, que era o quinto, iso descartaba a todos os nobres, excepto aos Soutomaior, a partir de aí seguiu a súa investigación.
Casa con Felipa Moniz (Muñiz) (morre en 1485), nobre portuguesa, coa que ten ao seu fillo Diego. (difícil si non fose un nobre, para casar cunha nobre).
Ten relación con Beatriz Enríquez de Arana, (época pobre) con ela ten ao seu fillo Hernando
Tamén ten relación con Beatriz de Bobadilla, amiga de ISABEL I de Castela, que lle abre o camiño…
En 1562 Un Soutomaior administra o ducado de VERAGUA.
Pedro Madruga é recoñecido en 1440 e internado nun seminario de Tui (Santo Domingo) e sae en 1446 para dedicarse ao mar e ás armas, co seu irmán Bartolomeu aprende a navegar e todo indica que sobre 1446 faise corsario co seu parente francés, CASENEUVE-COULLÓN, pasa 23 anos no mar (1446-1469)
No período 1460-63, loita contra Aragón a favor de Anjou
Cristóbal aplica os mesmos crueis castigos que Pedro Madruga.
Hernando Colón é amigo de Cristóbal Soutomaior
Pedro Madruga fai testamento o 10-1-1486, curioso, antes da viaxe que lle leva á desaparición.
Colón está en Castela entre 1486-1489, en 1497 nace o seu fillo Hernando, de Beatriz
Pedro Madruga perde (1-3-1476) a batalla de Toro contra os Reis Católicos e foxe a Portugal.
Colón, o 13-8-1476, naufraga loitado co seu parente corsario Casaneuve-Coullón, contra os xenoveses…
En 1479, Madruga foxe de novo a Portugal. (Ese ano casa Colón en Portugal, con Felipa).
Os seus fillos Álvaro e Hernando estiveron na corte dos Reis Católicos. Os de Colón tamén…
Busca apoios para a viaxe, non os atopa nin en Juan II de Portugal, nin en Francia, vánselle pechando as portas, ata 1486…
En 1485, O seu fillo Álvaro traizóalle xunto á súa nai Teresa de Távora e coa axuda (ou a orde) dos Reis Católicos e arrebátalle os seus títulos e propiedades, mentres está en Portugal.
En 1486, o día que Colón visitou aos Reis Católicos, aparece rexistrado o nome de Pedro Madruga, non o de Colón.
Colón entérrase na mesma igrexa onde estaba enterrado o pai de Madruga, propiedade duns parentes dos Soutomayor, precisamente, esta familia axudou a financiar a viaxe de Colón.
Capitulacións de Santa Fe
O cronista dos RR.CC. Lucio Marineo, cometeu o erro, varias veces de referirse a Colón, como Pedro Colón.
Madruga e Colón estaban casados con dúas curmás o primeiro Teresa de Távora, o segundo con Felipa Moniz (Muñiz)
80 peritos certifican que a letra e a firma de Colón e Madruga, son da mesma persoa.
Diego Colón regalou 100 escravos a Cristóbal Álvarez Soutomaior, curioso.
En 1506, morre Colón, pobre, o seu fillo Diego recibe do Rey Fernando (Isabel morrera), o diñeiro para trasladar os seus restos desde Valladolid á Cartuxa, desexo expreso de Colón.
Colón e Madruga están casados con dúas curmás, ou é un que casou coas dúas?
Liña «Colón galego, pero non é Madruga».
Din que non poden ser a mesma persoa porque os dous existiron.
Por exemplo, en 1479 Madruga arrasa Pontevedra e Colón casa en Portugal con Felipa (Agosto). Bo habería que concretar a data de ataque…
En 1485 Teresa de Távora e o seu fillo Álvaro conseguen desposuír do título para Madruga en favor do seu fillo. Bo, igual estaba preparado, o ano seguinte ía desaparecer, mellor deixar o traballo feito…
Din que Portosanto non existía, que o nome que pon nas américas refírese a Portosanto de Madeira.
Hai un documento que di que herdou da súa nai unha casa preto de Santa María.
Hai unha praza onde había unha placa que dicía, segundo algúns veciños, «Aquí naceu Colón», a placa desapareceu.
1435 Documento de compra-venda de Paio Gómez de Sotomaior (curioso), casado con Maior de Mendoza (hebrea) que fai mención ás propiedades de Domingo Colón, avó paterno de Colón.
A Galea, nome que dá ao primeiro promontorio que ve. A Galea era o lugar onde se estendían as redes mariñeiras e que linda con terreos de Colón o vello, preto do lugar da Moureira.
1434 Contrato entre dous veciños de Pontevedra para construír dúas escaleiras nunha casa que queimou Colón o Mozo.
Colón deu o nome de San Miguel á punta occidental de «a española» (Santo Domingo) que é o nome da confraría e gremio de mariñeiros de Pontevedra, (só de Pontevedra)
Acepta que Juan Colón, si naceu en Portosanto-Poio, posiblemente «na casa dá Crus», de orixe xudía. O Rabí Zacuto dálle a carta de navegación e o astrolabio (aparello para marcar o rumbo)
Tamén afirman que Colón só tivo dous fillos…
Bo, isto é moi complicado, poida que noutro momento lle doutra volta, máis agora non.
Conclusión:
Colón é galego, seguro, que sexa fillo bastardo e que o pai non aclare quen é a nai, abre moitas portas, hai moitas coincidencias, a nai podería ser unha Colón de orixe hebrea, dáme igual que sexa de Pontevedra capital ou de Poio, ambos están relacionados cos Colón, a verdade, á miña convénceme máis a teoría de Colón-Madruga, aínda que hai puntos escuros.
Hai unhas cantas cousas curiosas:
Colón dicía que non era o primeiro almirante da familia que era o quinto. Madruga era o quinto almirante dos Soutomaior.
Colón dicía que a súa familia era de mercadores do mar. Madruga está relacionado con todos os negocios do mar…
Colón afirma que viviu das armas. Madruga viviu das armas, como corsario e como señor feudal tamén.
Colón dicía que estivera 23 anos no mar. Madruga estivo desde 1446 a 1469, 23 anos…
Hai 80 peritos que din que a letra e firma de Colón é a mesma que a de Madruga, non me sorprende a letra, pero a firma co rara que é…
Aquí déixovos unhas cantas ligazóns interesantes sobre o tema:
http://biografiaehistoria.com/la-prueba-adn-y-y-la-teoria-colon-sotomayor-resultados-preliminares/
#UniónyDiversidad: Colón: Mayorazgo 1498:
Colón era Galego: LA HUELLA DE PEDRO MADRUGA EN CRISTÓBAL COLÓN por …
CRISTOBAL COLON SU HISTORIA: «PARDELA»: UNO DE LOS VOCABLOS GALLEGOS EMPLEADOS …
CRISTOBAL COLON SU HISTORIA: «LA PATRIA DE CRISTOBAL COLON » ( MARQUES DE CORVE…
Colón era Galego: Alfonso Philippot, distinguido con el I Coloniano …
Colón era Galego: Los defensores de la galleguidad de Colón premian …