Ola e benvido
Benvido a visitar este proxecto, a acompañarme nesta viaxe a través do tempo e o espazo na procura e recompilación de “ADN Galego”. Esta obra inclúe persoas, monumentos, paisaxes, lendas, obras, costumes, festas etc.
Este é un traballo aberto, nel faltan persoas e cousas, pode ser que sobre alguén ou algo, podemos discutilo, é máis, debemos discutilo.
Espérote…
Lembremos quen somos, de onde vimos e onde imos…
Acerca de min
O meu nome é José Santiago García Rey, son un xubilado nacido en 1949, no municipio de Sanxenxo (Pontevedra)…
O que podes atopar en ADN Galego
O meu libro “ADN Galego”
i-Reflexións
Cristobal Colón
Himno de España
Deberías saber que…
A maior parte da nobreza europea ten algo do ADN galego, (da casa Trastámara, ou sexa “tras Támaris” ou o que é o mesmo “tras Tambre”, o rio galego) un ADN herdado dos reis católicos, todos deberiamos saber que hai ADN galego, doutras cores, en heroes, presidentes de varios países, premios Nobel, grandes artistas e deportistas, así mesmo, hai uns cantos malvados e famosos con ADN galego, non podemos esquecelos, deles tamén debemos aprender.